sábado, 31 de diciembre de 2011

Quedada fin 2011

O venres 30 de decembro, as Liantas da Ría reunímonos para despedir o ano laneiro. Desta volta foi no C.C. Plaza E de Vigo, entre cafeses e nenos xogando :)
Tivemos ausencias coma Fios (botámoste moito de menos!), pero tamén dúas novas incorporacións moi activas: Witchsorciere e Miriam.
Witchsorciere levaba o seu chal en progreso, pediunos consello para ver qué punto nos gustaba máis e deulle moito ó ganchillo. Ese chal ten futuro!


Miriam quere aprender, era a primeira vez que collía un ganchillo, pero déuselle moi ben. Fixo unha longa cadeneta e xa lle da ó punto baixo que da gusto....


Pero Miriam tamén nos sorprendeu coas cousiñas que sabe facer en FIMO. Menudas preciosidades! Aquí tedes unha pequena mostra,  da reunión xa saíron algúns encarguiños que lle fixemos... E ante nós ábrese un futuro de preciosos marcadores!


Beatriz77 seguía coa mantiña para a súa sobriña, que está a quedar preciosa.


AliBeaLua estaba a facer un puchiño en lá gris con agullas rectas, á vella usanza.


Suntropia estaba co seu novo proxecto, unha chaqueta que lle estaba a dar un pouquiño de quebradero de cabeza pero que seguro quedará ben chula, promete!


Eu, Merchy, levei os mitóns Veyla que estou a facer, e avancei un bó cacho do encaixe do puño.


Esta quedada estivo xenial, parolamos, reímonos, aprendimos e fixemos novas amigas.



As Liantas da Ría desexámosvos Feliz Ano Novo!



5 comentarios:

  1. Para a próxima non falto!!!
    Feliz ano para vos tamén :)

    ResponderEliminar
  2. Foi unha bonita e alegre tarde.

    Deica o ano que ven¡¡

    Bicos a moreas para todas.

    ResponderEliminar
  3. Merchy, dile a Miriam que los ovillos que ha comprado son de 2 €, si se los ha cobrado a 0,60 es porque se ha equivocado, es la nueva lana de sptop acrilica de 3 cabos que fabrican especialmente para grandes superficies.

    ResponderEliminar
  4. Estades todas xeniais!!!, Felíz Ano. Parecen todos uns traballos preciosos. Que pena non enterarme, creo que eu estiven na quedada de alumnas Home Made. Un BICO

    ResponderEliminar