Hoxe reunímonos pero tiñamos baixas, finalmente só nos presentamos Bea, Sun e Merchy (bueno, e a pequena Nora que non se perde unha!). Un biquiño para as Liantas que non puideron vir desta volta.
A profe Sun aproveitou e deunos unha clase de facer marcadores, que a última vez perdéramos Bea e mais eu. Parece ser que estivemos moi aplicadas e axiña nos puxemos a practicar.
Tiñamos ferramenta e materiais dabondo! Proporcionados pola propia profe, iso sí que é un curso completo!
A profe púxose moi contenta cos resultados, velaquí a mostra do feliz que estaba:
Ata a pequena Nora atendeu á clase. Eu creo que pensa que somos un pouquiño frikis, pero bueno...
E cómo non, houbo moito tempo para laretar, e tamén tecer.
En fin, que pasámolo moi ben coma sempre!

Para outra non falto!!!
ResponderEliminarAlaaaaaaaaaaaaaaaaa, que pocholada de traballiños, o mellor, coma sempre Nora, está para non deixar nin as migallas.
ResponderEliminarbicos.