martes, 2 de agosto de 2011

Clase de marcadores

Hoxe reunímonos pero tiñamos baixas, finalmente só nos presentamos Bea, Sun e Merchy (bueno, e a pequena Nora que non se perde unha!). Un biquiño para as Liantas que non puideron vir desta volta.

A profe Sun aproveitou e deunos unha clase de facer marcadores, que a última vez perdéramos Bea e mais eu. Parece ser que estivemos moi aplicadas e axiña nos puxemos a practicar.



Tiñamos ferramenta e materiais dabondo! Proporcionados pola propia profe, iso sí que é un curso completo!



A profe púxose moi contenta cos resultados, velaquí a mostra do feliz que estaba:



Ata a pequena Nora atendeu á clase. Eu creo que pensa que somos un pouquiño frikis, pero bueno...



E cómo non, houbo moito tempo para laretar, e tamén tecer.




En fin, que pasámolo moi ben coma sempre!